Workshop Repsol - UDC 2014

Recording date: 15/12/2014
Viewed: 2 times

O Campus de Ferrol acolleu o 24 de outubro o Workshop Repsol Universidade da Coruña 2014, organizado pola Aula Repsol UDC, que reuniu a investigadores das tres universidades con representantes de innovación das principais empresas galegas. Os investigadores universitarios amosaron aos técnicos de innovación empresariais as liñas de investigación e as posibilidades de intercambio e colaboración entre a universidade e a empresa. Ademais desta parte académica, e aproveitando a estancia de máis de setenta investigadores galegos en Ferrol, durante a mañá dese día 24, o Campus recibiu a visita de máis de 400 alumnos de Secundaria e Bacharelato que poderon coñecer de primeira man a actualidade innovadora que se realiza nas universidades.


Attachments
There are no attachments