Gala do Deporte 2014

Data de gravación: 04/12/2014
Visto: 0 vez

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, entregou o 27 de novembro, no transcurso da Gala do Deporte o VI Premio UDC Deportes a Carlos David Prieto López, licenciado pola Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC e adestrador de Javier Gómez Noya.
O acto tivo lugar na Aula Náutica da UDC. Ademais da entrega do premio a Prieto López, a área de Deportes da UDC recoñeceu con este acto a actividade deportiva da comunidade universitaria facendo entrega dos trofeos das Ligas Universitarias e os Torneos Internos da UDC.


Materiais
Non hai materiais