Entrega de diplomas e medallas

Recording date: 12/03/2014
Viewed: 4 times

Actos do Día da Universidade, celebrados con motivo da festividade de San Tomé de Aquino. 27 de xaneiro de 2014, Paraninfo da Reitoría.
No transcurso da celebración académica, entregáronse os premios á excelencia académica no bacharelato a 24 novos alumnos da Universidade da Coruña. Así mesmo, fíxose entrega dos premios extraordinarios de diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, licenciatura, arquitectura, enxeñaría e grao.
Finalmente, déronse os distintivos aos 121 novos doutores e os diplomas aos 25 premios extraordinarios de doutoramento.


Attachments
There are no attachments