Presentación do proxecto A-Tempo

Data de gravación: 19/12/2014
Visto: 3 veces

A Sala de Xuntas do Campus de Ferrol acolleu o mércores, 17 de decembro, a presentación do programa A-Tempo definido en colaboración da Universidade da Coruña coas empresas Iberdrola, Ixion Industtry&Aerospace e a UTE formada por Sistemas Audiovisuais Itelsis, SCIO SOFT e Neodyn. Na rolda de prensa estiveron presentes a vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, o vicerreitor de Investigación e Transferencia, Ricardo Cao, o coordinador do Grupo Integrado de Enxeñaría, Richard Duro, o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva; o director Técnico de Ixion Industry&Aerospace, Francisco José Barreiro, e o responsable da empresa Neodyn, José Ramón Franco, en representación da UTE.


Materiais
Non hai materiais