Bailando co mar - Arredores
Intérpretes: Icía Varela Gómez, Andrés Rodríguez Boutureira e Brian Rodríguez Pardiñas.
A canción está composta completamente por nós coa morriña que nos transmite o mar, o seu olor e o seu son. Foi gravada íntegramente cada un desde a súa casa neste confinamento. Tocala nestes momentos transmítenos a liberdade (a pesar de atopármonos xa moito tempo recluídos). A liberdade de estar xunto ao mar, a liberdade de respirar o salitre, a liberdade de sentirnos ceibes. O tema fala dunha bailadora que expresa unha forma de deixarse levar. Bailar como vía de relaxación ou como forma de desconexión. Así nace esta canción, como forma de desafogue para nós. De expresar os nosos sentimentos e deixarnos levar (sobre todo, nestes intres tan duros para todos). A letra é de execución propia con influencia das coplas populares tradicionais galegas (ao seren descoñecida a súa orixe e o seu autor son coplas anónimas). Aínda que algunha das coplas teñen influencia do lugar de Cerqueda, Malpica de Bergantiños.
Duración: 3:57 min