Presentación do Plan da Cultura Marítima de Galicia H2030

Recording date: 13/01/2022
Viewed: 8 times

A Coruña, 20 de decembro de 2021.- A Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique Barrié de la Maza) acolleu o acto de presentación do inicio do proxecto de investigación do Plan de Cultura Marítima Horizonte 2030, realizado por un grupo de investigadores da UDC dirixido polo profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura Óscar Fuertes Dopico.

Ao evento, no que se presentou a web do Plan da Cultura Marítima de Galicia e o libro Patrimonio Marítimo, acudiron o reitor da UDC, Julio Abalde, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.


Attachments
There are no attachments

Videos from same Series