Firma do protocolo de colaboración entre a UDC e a Consellería de Emprego e Igualdade. Rolda de Prensa. 17-I-2022

Recording date: 17/01/2022
Viewed: 9 times

A Coruña, 17 de xaneiro de 2022.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron esta mañá na Reitoría un protocolo marco de colaboración que formaliza as relacións institucionais entre ambas as dúas entidades. Polo convenio asinado hoxe, que se concretará en futuras accións, a UDC e a Consellería de Emprego e Igualdade comprométense a fomentar o intercambio de experiencias e de persoal nos campos da docencia e a formación, así como a participación conxunta en programas de investigación e desenvolvemento. Ao acto de firma asistiron a vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía, e a directora Xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, así como o xerente da UDC, Ramón del Valle.


Attachments
There are no attachments

Videos from same Series