Rolda de prensa: entrega de Bandeiras Verdes a centros da Universidade da Coruña.
A Coruña, 22 de febreiro de 2023.
A Universidade da Coruña recibiu as Bandeiras Verdes do programa Green Campus para cinco dos seus centros nun acto que tivo lugar na Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza).
Asistiron o reitor, Julio Abalde; a vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade, Amparo Casares; o presidente da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor -Foundation for Environmental Education (ADEAC-FEE), José Palacios; e o director da Oficina de Medio Ambiente da UDC, Manuel Soto.
Os centros galardoados coa Bandeira Verde nesta última edición son a Escola Técnica Superior de Arquitectura, a Facultade de Ciencias da Saúde, a Facultade de Ciencias da Educación, a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e a Facultade de Ciencias.